Procedente do veciño Concello de Amares (Minho-Portugal) e para traballar nas minas das Sombras, chegou a estas terras do Xurés galego o abó paterno dos actuais xerentes destas instalacións. Así naceu, por iniciativa daquel portugués e dunha galega de Lobios, a Fonda Lusitano, como ainda hoxe se coñece polos veciños da contorna. Actualmente, xa en terceira xeración, as instalacións foron recentemente ampliadas e melloradas. Serra de Sta. Eufemia: Posiblemente o único lugar de Ourense dende onde se albisca perfectamente o Océano Atlántico. Situado nun enclave de privilexio, o pé do Xurés e da mesma Via Nova que os romanos construiran entre Braga e Lugo-Astorga, este complexo hoteleiro ofrece o visitante, ademais dunhas excelentes instalacións, unha amplia e variada oferta: